viernes, 29 de abril de 2011

Collage7

O estado mental da cafeína (poesía espontánea)14,15

14. as estratexias finais nos fartaron de imposibilidades
que caeron no fondo dun precipicio de mentiras
e despois
só quedou un fume
que enchoupou a nosa alma
que cheirou dous anos e medio
mentres un aire frío e metalizado
cunha leve purpurina
ignoraba o noso suceso


15. Máis extractos do libro "Chuvia borrando unha escaleira"

... e tal vez non volvería ver unha pinga de auga caer dese xeito sobre as súas meixelas, pero só puiden pensar en pulverizadores, regadeiras, mangueiras e obxectos que derraman líquidos.
Segundos despois pensei que alguén me disparara cunha pistola idiotizante
(que estou seguro existen) pero xa era tarde para buscala na liña do horizonte

Imaxes Peculiares Tituladas 12

"El secreto de la eterna juventud"
"Amor de madre"
"Las aventuras del niño-témpano"
"Una fría relación maternal"
"Simpatías de hielo"

Francis Bacon...

martes, 26 de abril de 2011

AsNovelas+Breves...(23,24)

(23) Álvaro incendiábase moi lentamente no medio dunha rúa deserta e escura. Eran as tres da mañá e a luz que desprendía iluminaba cálidamente as fachadas que miraban, diríase, con desdén. A calma do son do lume queimando a carne amortiguaba un silencio cómplice daquela representación. Álvaro xa non sentía dor o saber que todo, por fin, remataría. A luz da mañá, como en tantos outros casos, acabaría por descubrir a dramática e anónima escena.

(24) Logo de comer, Severino colle a escopeta de balíns, pon o telexornal, senta no sofá e comeza a dispararlle as figuriñas que colecciona a súa muller, que acaba de baixar a perruquería. Cando remata bota o sono máis tranquilo dos últimos dez anos mentres na pantalla falan deportes.

O estado mental da cafeína (poesía espontánea)12,13

12. as misteriosas palabras punk
crearon unha cortina espesa de pó vello
antigo e pesado
que nos fartaron de imposibilidades
deixándonos aceitosas as mans
impedidas entón para coller nada

13. un usurpador trata de descifrar
o sonido da túa pel contra a túa pel
os sorbos da túa boca no café da mañá
o ruido dos teus dentes coa língua
os ollos teus cando se pousan na parede enfronte da túa cama
as mans túas cando cheiran allo
a caída dun pelo teu cando sentas no váter...
pero eu decátome
e enfurecido
róubolle as palabras
e sete xestos fundamentais

domingo, 24 de abril de 2011

Collage6

Collage5

Collage4

Collage3

Imaxes Peculiares Tituladas 11

"Muerte y transfiguración de una piedra en el camino"
"El áspero sabor de la arena"
"La derrota del equilibrio"
"Recomendaciones sobre el biciclo"
"Deseos sobre el enemigo deportivo"

Títulos de María Chenut:
"Extraño giro de la rueda del destino"
"Protagonista en caída libre"

Título de Rubén Quintas:
"Astrofísica para no iniciados"
Título de Blanca Rodríguez:
"Ay qué ostiazo omá..."
Título de Carmen Platero:
"Pirueta para escuchar el latido de la tierra"

El hombre de los rayos X...

Película de Roger Corman (1963)

AsNovelas+Breves...(21,22)

(21) No outro lado do espello hai unhas fendas polas que, a miúdo, a Raimundo se lle escapan os reflexos. Pero esto él, por suposto, non o sabe.

(22) O ruido do caer das follas permítelle a Sebastián dicir unha fermosa metáfora a súa moza. Ela sorrí aliviada e bota a inquedanza fóra, nun suspiro silencioso, pois comezaba a pensar que o seu mozo tiña unha forma pouco axeitada de querela.

O estado mental da cafeína (poesía espontánea)11

11. Extractos recollidos do libro de poesía
"Chuvia borrando unha escaleira"

... isobaras de pensamentos perseguíndome a min:
unha borrasca de incerta choiva...

... e baixo a choiva de tres intres despois
envilecinme de envexa vendo unha vella cruzar a rúa
sen importarlle o sinistro ou a morte
temeraria actitude
ela que pode facer tal...



... baixo camiñando contra o vento
contra o orballo
e a obstinación deste vento
deste orballo
faime argallar un plan para atoparte dunha vez
por fin
na liña do horizonte por onde afunde o sol e a luz se agocha
de miradas indecentes de túa beleza

sábado, 16 de abril de 2011

AsNovelas+Breves...(18,19,20)

(18) Un día, o cadrado negro suaviza nas esquinas. Dous días despois transforma nun círculo e, máis tarde, chega ás tres dimensións dunha esfera. Logo disto, bota a rodar, cae no chan e escacha en grises fundíndose coa materia que ten ao redor, enchéndose dunha incerta sabiduría.

(19) O aparato captador de lembranzas racha unha noite de especial desesperación. Ao día seguinte, na cidade, derruida de memoria, a ninguén lle queda outra que construir futuros.

(20) O papel de flores das paredes comeza a despenderse lánguidamente horas despois de que á señora Xulia se lle disperse a alma logo de dúas semanas postrada na cama e repetindo de cando en vez mentres o rosario da voltas nas mans: "Será un funeral fermoso e con moitas flores... moi fermoso".

Lauren Bacall...

viernes, 15 de abril de 2011

Imaxes peculiares tituladas 10

"Los burócratas de lo eterno"
"Los oficinistas Jorge y Ruipérez se van a la playa"
"La inevitable verdad del horizonte"
"Los complejas rutas del ferrocarril del agua"

jueves, 14 de abril de 2011

O estado mental da cafeína (poesía espontánea)10

10. as árbores metálicas dixéronme que era dixital
e sabendo isto
tireime por unha fiestra
e na colisión co chan estoupei en ceros e uns
sen poder eliminar por completo a tristura. 

E concluín da informática unha simulación coma outra calquera

Nota: As frases subraiadas indican que aparecen noutras entradas. Neste caso as árbores metálicas aparecen na entrada número 7 deste O Estado Mental da Cafeína. Seguirei con este método posiblemente.

miércoles, 13 de abril de 2011

O estado mental da cafeína (poesía espontánea) 9

9. "Instruccións para paseantes", tomadas do libro inconcluso "A Estética da apariencia" do doutor Estrup. (Estas instruccións están destinadas a dar ideas de cómo debemos andar e comportarnos pola rúa, co obxectivo final e tan complexo de chamar a atención sen chamala, co que conseguiremos unha certa notabilidade anónima elevando un chisco o ego, e, por tanto, a nosa saúde mental).

1. A paso lento. Imprimirlle á cara unha soberbia moderada. De cando en vez, facer movementos afirmativos coa cabeza. Bufanda prominente.

2. Reflexionar nunha tortilla de patacas. Mirada de ovos rotos e andar de velocidade tonta. Cores brasileiras.

3. Mirada de cabalo de carreiras. Xesto inquisitivo. Paso apresurado, por suposto, pero regular. Neste caso a indumentaria debe destacar nas cores. Calzado ruidoso.

4. Acompañarse dun bastón aínda que non se precise. Mostrar esta idea sinalando con este utensilio a ningures, ás veces si, ás veces non. Paso de irregularidade evidente. Cores neutras no vestir.

5. Achinando os ollos. Pensar na historia da filosofía. Paso distraído. Posibilidade de cadros na chaqueta ou nos pantalóns, ou en ámbolos casos.

6. Concentrarse na cor verde (se cadra en leitugas). Paso moderado. Recoméndase cor pistacho. Zapatillas brancas.

7. Pestanexando visiblemente. Acompañar de movementos irregulares nos beizos, como si se bicase a alguén. Sen esaxerar. Velocidade media. Cores burocráticas e recatadas que deben contrastar coa actitude.

8. Pensar en cebolas. Faciana cristalina. Deterse de cando en vez e mirar ó ceo. Suspirar lixeiramente pode resultar interesante neste caso. Vestiario ó modo de escritor, artista ou semellante.

9. Facerse acompañar doutra persoa. Durante a conversa que xurda deterse en ocasións para incomodar e xesticular teatralmente. Mostrarse distante e un chisco vanidoso. Vestimenta ó gusto do usuario pero recomendamos etiqueta.

Nota: A idea disto parte das indicacións de carácter de Erik Satie, que resultan ser apuntamentos que aparecían nos pentagramas das súas partituras. Foi escrito en tres tandas. Acabaron sendo nove instruccións porque esta sería a novena entrada deste conxunto de "O estado mental da cafeína".

lunes, 11 de abril de 2011

Imaxes peculiares Tituladas 9

"Los famosos cabellos del relaciones públicas"
"La implantación del alma"
"Construcción del mimo número veintisiete"
"Extracción de la piedra de la tontería"

Alfred Hitchcock...

AsNovelas+Breves...(15,16,17)

(15) O vello pintor queima os poucos cadros que aínda posúe e garda as cinzas nunha pequena caixa que sempre levará consigo. Desde entón non volve coller un só pincel e ocupa o tempo coa inefable arte do silencio ou en ensaiar miradas inquisitivas que empregará nos intres axeitados.

(16) Ernesto, con tantas cousas por facer e sempre sen tempo ningún, extravíase por entre a eternidade. Un indeterminado tempo despois de vagar por ningures acha un rincón esquecido de deus e dos homes e pode, por fin, tomar un baño quente, a gusto, con calma e sen sobresaltos.

(17) O neno Lucho moldea unhos ollos coa lama dun charco do día anterior pero non é quen de darlle vida. Pola tardiña, na merenda, coméntalle á nai a firme intención de estudar para ser un deus creador de almas.

sábado, 9 de abril de 2011

O estado mental da cafeína (poesía espontánea) 8

8. Libros de poesía que tal vez puideran escribirse:
"Fragmentos dunha infancia fractal"
"O falsificador de nubes"
"Chuvia borrando unha escaleira"
"A ensinanza das espirais"
"O paseante de ruinas"
"Cando as nubes negras traspasen a porta"

viernes, 8 de abril de 2011

jueves, 7 de abril de 2011

Imaxes Peculiares Tituladas 8

"Reinterpretación de la caída del átomo"
"El peatón oblicuo ataca de nuevo"
"El derrumbre de lo real"
"Último verano en el cielo"

O estado mental da cafeína (poesía espontánea)5,6 e7

(Estas tres están feitas nunha cafetería preto da Praza de España, na Coruña. As anteriores, por certo, foron escritas en Santiago e en Ourense. Esto é totalmente anecdótico, penso eu, pero hoxe dame por apuntalo)

5. no perfil da montaña
un presentimento cortante
arrinca as últimas neves do inverno no que pensei en ti

6. cortar a chuvia con tesoiras...
e afirmar veleidades

7. baixo das árbores metálicas medran herbas-imáns que teñen cheiros a poder

martes, 5 de abril de 2011

Andre Breton...

AsNovelas+Breves...(12,13,14)

(12) No corredor do hotel máis antigo do mundo unha momia exipcia pasea nocturnamente a súa soedade reflexionando nos pecados que unha e outra vez comete a humanidade.

(13) Un enreixado cruce de pernas perturba ó académico que só pode balbucir irracionalidades e palabras sen sentido. Xa pola noite deitase sen mediar palabra coa súa muller concentrado na futura tarefa de elaborar un estudo sobre a ordinariez e outras humanas simplezas.

(14) O dadaísta namórase, primerio das palabras, logo dos obxectos e, máis tarde, dunha muller-obxecto que non para de falar.

domingo, 3 de abril de 2011

sábado, 2 de abril de 2011

"Tratamiento de las ideologías impuras"
"La inmaculada cabeza de Alicia Crespo"
"El falsificador de pensamientos"
"Extracción de las virtudes"
"El pensamiento número trece"

viernes, 1 de abril de 2011

Bela Lugosi...

O estado mental da cafeína (poesía espontánea) 3e4

3. o reloxo cansa de seguir o meu lento paso
e deténse na rúa fachendeándose da miña parsimonia
(logo abandoname por un brazo bronceado e xuvenil)


4. un usurpador esquía polas túas bágoas e baixa por elas ata a túa boca
e entra
e desfai algunhos pensamentos teus
que rebulían optimismo
e entón desexas un desexo que non é o teu